• Red TEIC
  • Red TEIC
  • Red TEIC

Grupo Integrado de Enxeñería (GII)

Grupo GII

Grupo Adscrito ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas (Campus de Ferrol).

É un grupo interdisciplinario de investigación aplicada en enxeñería orientado á transferencia de coñecemento e á xeración de novos produtos no entorno industrial. Entre as súas liñas de traballo caben destacar as seguintes: sistemas avanzados de medida e sensorización; procesado de sinais e imaxes; intelixencia computacional e sistemas distribuídos; robótica e automatización; enxeñería naval e oceánica; dinámica de fluídos; e organización industrial e transporte.

O Grupo Integrado de Ingeniería (GII) naceu no ano 1999 da unión de tres grupos de investigación xa consolidados na Universidade da Coruña: o Grupo de Sistemas Autónomos (GSA), o Grupo de Organización Industrial (GOI) e o Grupo de Ingeniería de Fluidos (GIF). É por tanto, un grupo multidisciplinario que desenvolve investigación en ámbitos moi variados dentro da enxeñería e a computación.

Dende o seu nacemento o GII produciu máis de 160 artigos científicos, 5 libros, 16 capítulos de libro e publicacións en actas de máis de 260 congresos. Paralelamente, dirixíronse 25 teses doutorais e recibíronse 18 visitantes de universidades estranxeiras para realizar estancias dentro do grupo. Así mesmo, participaron nun proxecto da OTAN; 2 proxectos FEDER con fondos Europeos; 10 proxectos MCYT/MEC; 2 proxectos PROFIT; 4 proxectos do Ministerio de Fomento; 84 proxectos investigación Xunta de Galicia; 4 proxectos Singulares e estratéxicos; 5 proxectos Innterconecta, 1 proxecto de promoción de compra pública innovadora e 1 proxecto VII Programa Marco da UE. Como outros indicios de calidade pódese citar: a recepción do Premio de Investigación Ingeniero Comerma en dúas edicións (2002 e 2006) e o Premio de Investigación González Llanos nunha (2007); xeráronse tres patentes; realizáronse 38 rexistros de software; a partir do traballo do grupo xurdiron 2 spin offs, estando unha terceira en proxecto; e por último, o grupo recibiu o I Premio Impulso do Consello Social da UDC (2012) ao grupo máis competitivo da Universidade da Coruña.

O GII desenvolve investigación en ámbitos moi variados dentro da enxeñería e a computación. Entre a súas liñas de investigación caben destacar as seguintes: sistemas avanzados de medida e sensorización;  procesado de sinais e imaxes; intelixencia computacional e sistemas distribuídos; robótica e automatización; enxeñería naval e oceánica; dinámica de fluídos; e organización industrial e transporte. Destas liñas, encontran relación estreita con esta rede temática as liñas de sistemas avanzados de medida e sensorización; procesado intelixente de sinais e imaxes; e intelixencia computacional e sistemas distribuídos.

A liña de sistemas avanzados de medida e sensorización centrase no desenvolvemento de novos dispositivos de medida para a adquisición de sinais multidimensionais. Nos últimos anos, desenvolvéronse no grupo dous prototipos de cámaras hiperespectrais, dispositivos capaces de adquirir imaxes nas que para cada pixel tense información de centos de bandas correspondentes a un amplo rango do espectro electromagnético. O desenvolvemento de novos prototipos ten asociada unha tarefa de análise do sinal espacio-espectral para a corrección de desalineacións e distorsións, o que require o desenvolvemento de novos algoritmos que actúen sobre o sinal de forma o máis automaticamente posible.

Na liña de procesado intelixente de sinais e imaxes, as tarefas realizadas centráronse no uso de técnicas de intelixencia computacional (redes neuronais, algoritmos evolutivos, autómatas celulares, etc), para o procesamento de sinais/imaxes uni/multidimensionais. Cabe destacar o traballo realizado sobre o procesamento de imaxes hiperespectrais (detección de bordes, segmentación, clasificación, etc) utilizando redes neuronais, redes neuronais con retardos e autómatas celulares.

A liña de intelixencia computacional e sistemas distribuídos é un dos piares da labor investigadora do grupo. Desenvolvéronse novas técnicas de intelixencia computacional para a súa aplicación en distintos ámbitos: robótica, procesamento de imaxe, optimización de procesos, etc.

Algúns proxectos relevantes relacionados coas liñas mencionadas anteriormente son:

Sistemas avanzados de medida e sensorización: Sistema hiperespectral multisensor para vertidos mariños (estatal - MCYT); Técnicas de intelixencia computacional para o procesado de imaxen hiperespectral e a extensión e popularización das súas aplicacións I (estatal – MICINN).

Procesado intelixente de sinais e imaxes: Análisis de imaxes hiperespectrais (estatal – MCYT); Determinación de materiais en tempo real mediante técnicas hiperespectrais (autonómico); Técnicas de intelixencia computacional para o procesado de imaxe hiperespectral e a extensión e popularización das súas aplicacións I (estatal – MICINN); Vacacorp: Sistema de visión artificial para cálculo automático e monitorización da condición corporal do gando vacún de leite (autonómico); Pizaconta: Sistema portátil para o reconto de pezas de lousa en palé (autonómico); Automatización do proceso de clasificación de pedras naturais baseado en análise de texturas (autonómico); Detección e prevención intelixente da resonancia paramétrica en buques (estatal – MICINN).

Intelixencia computacional y sistemas distribuídos: Watchman: Vixilancia de portos marítimos mediante sensorización distribuída e sistemas multiaxente intelixentes (autonómico); Desenvolvemento do motor de extracción de coñecemento para a xestión de procesos de produción audiovisual (autonómico); Proxecto Omni Asistente Virtual (autonómico); Desenvolvemento do módulo de IA para a ferramenta multitude (autonómico).

Coordinador: Richard Duro Fernández (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | www.gii.udc.es)