• Red TEIC
  • Red TEIC
  • Red TEIC

Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC)

Grupo GPSC

Grupo adscrito ao Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (Campus de Vigo).

A investigación do grupo céntrase nas aplicacións de técnicas de procesamento de sinal en sistemas de comunicacións (con ou sen fíos), así como á seguridade e análise forense da información multimedia. O grupo ten unha dilatada experiencia na colaboración con empresas de telecomunicacións e multimedia, con numerosas patentes transferidas á industria, e participou en proxectos europeos dos catro últimos programas Marco (incluído H2020).

A investigación do grupo centrase en dúas áreas dispares, pero conectadas: comunicacións dixitais, e seguridade e forensía da información.  A estas liñas engadiuse unha liña incipiente en cienciometría.   Aínda que o núcleo cognitivo do grupo reside no procesado de sinal e a estadística, a gran variedade de temas que aborda (dende o procesado de imaxe ata as comunicacións por satélite, pasando polo análise de tráfico en redes telemáticas ou as ciencias sociais) convérteno de facto en interdisciplinario. Esta interdisciplinariedade vese reforzada polo feito de que, aínda que o persoal estable do GPSC está composto maioritariamente por enxeñeiros, dous dos seus membros son matemáticos.  

O GPSC está plenamente comprometido co desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Consciente do potencial que aporta a agrupación de capacidades, o interese do traballo multidisciplinario, e a eficiencia no uso dos recursos, foi artífice das dúas entidades básicas de I+D+i que conforman o ecosistema TIC xurdido en torno á UVIGO:o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e o centro singular de investigación AtlantTIC. Os profesores do GPSC Fernando Pérez e Carlos Mosquera estiveron ó fronte de Gradiant dende a súa concepción, ocupando a partir da súa fundación en 2007 os cargos de Director Xeral e Director da Área de Comunicacións, respectivamente. Por outro lado, a profesora Nuria González Prelcic liderou aos grupos máis produtivos da E.E. Telecomunicación dende a constitución en 2008 da agrupación AceTIC, que serviu como xerme para a creación do centro AtlantTIC (creado en 2010), do que tamén é directora. 

A vinculación a AtlantTIC e os estreitos lazos con Gradiant permiten a GPSC dispor dunha rica rede de relacións co entorno socioeconómico, incluíndo empresas e asociacións do sector TIC, organismos de promoción económica e de fomento do emprendemento.

Algúns indicios de calidade do grupo:

O grupo obtivo recoñecemento como Grupo de Referencia Competitiva de forma ininterrompida dende a primeira convocatoria en 2006, e renovouna no 2013. Tamén obtivo financiamento das convocatorias do Plan Nacional de I+D de forma ininterrompida.

Varios membros do GPSC foron ou son editores asociados de revistas internacionais: Fernando Pérez de IEEE Trans. On Information Forensics and Security,  IEEE Signal Processing Letters, EURASIP Journal on Information Security; Roberto López Valcarce de IEEE Trans. On Signal Processing e Pedro Comesaña de IET Information Security. 

Participaron en proxectos do 5º, 6º e 7º Programas Marco.

Realizaron máis de 60 proxectos baixo contrato pola industria.

Varios dos seus membros recibiron premios ao mellor artigo en congresos internacionais; Roberto López foi merecedor do premio ao mellor artigo científico da prestixiosa IEEE Trans. on Signal Processing en 2006.

O índice-h agregado dos membros do grupo é superior a 80.

Levan publicado máis de 100 artigos en revistas internacionais e 300 comunicacións en actas de conferencias internacionais.

Coordinador: Fernando Pérez González (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | webs.uvigo.es/gpscuvigo)