• Red TEIC
  • Red TEIC
  • Red TEIC

Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC)

Grupo GTEC

Grupo adscrito ao Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, A Coruña)

O Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) desenvolve a súa actividade docente e investigadora nos ámbitos de comunicacións dixitais, procesamento de sinal, teoría da información, redes de sensores sen fíos e desenvolvemento de equipos terminais de comunicacións. En particular, o GTEC pon especial énfase en tecnoloxías, aplicacións e servizos de transmisión de datos a través de medios sen fíos.

A UDC incluíuno no seu catálogo de grupos de investigación co número de referencia G000236 en 2004.

O grupo foi recoñecido como Grupo de Excelencia pola Xunta de Galicia no ano 2006. En 2012 recibiu unha axuda para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia  na modalidade de Agrupación Estratéxica e outra na modalidade de Grupo de Referencia Competitiva.

Do seu labor investigador, destaca de maneira especial a súa participación no proxecto europeo ESCORT, financiado polo V Programa Marco da Unión Europea. Entre os proxectos nacionais destacar que o GTEC formou parte dos proxectos PLASOFTRA: PLAtaforma SOFTware RAdio para sistemas 4GMobile (TIC2001-0751-C04), MIMESIS: Desenvolvemento e demostración hardware de novas tecnoloxías de transmisión para sistemas MIMO (TEC2004-06451-C05-01), MULTIMIMO: Tecnoloxías MIMO en redes sen fíos multiterminal (TEC2007-68020-C04), PIRAmIDE: Personalizable Interactions with Resources on AMI-Enabled Mobile Dynamic Environments (TSI-020301-2008-2), COSIMA: Cooperative and COgnitive Strategies for Interference MAnagement in wireless communication networks (TEC2010-19545-C04-01), MISCOM: Marketing Intelixente en Superficies COMerciais (IPT-020000-2010-035) e TECRAIL: tecnoloxías de comunicación radio para a condución automática e o control ferroviario (IPT-2011-1034-370000). Tamén participa actualmente no proxecto COMONSENS: Foundations and Methodologies for Future Communication and Sensor Networks, coordinado pola UPC (CSD2008-00010) e no proxecto RACHEL: Radio Access teCHniques for HEterogeneous WireLess Networks (TEC2013-47141-C4-1-R).

No ámbito rexional deben salientarse os proxectos PRECODHARQ: Novos métodos de precodificación e HARQ para redes móbiles de próxima xeración (09TIC008105PR), SVC-WIRELESS: Scalable Video Coding over Wireless Systems (10TIC105003PR), GNUTEST: Plataformas Experimentais Baseadas en GNU Radio para Sistemas de Comunicacións e Localización (10TIC003CT), LOCUS: Novos Sistemas de Localización Universal mediante Redes de Sensores Heteroxéneas (07TIC019105PR), Receptores iterativos para WLAN de última xeración (IEEE 802.11n) (PGIDT06TIC10501PR), Moviltooth: Sistema de información contextual para terminais móbiles (PIDT04SIN105002PR) entre outros.

Finalmente, mencionar a participación en diversos convenios de transferencia tecnolóxica con entidades de ámbito privado tales como INDRA, Protega, Wireless Galicia, EGATEL, Instituto Tecnolóxico de Galicia… cubrindo áreas tan dispares como aplicacións militares ou cidades intelixentes no proxecto CIUDAD2020: Cara un novo modelo de cidade intelixente sostible (IPT-20111006).

O GTEC destaca pola súa capacidade de formación de investigadores como o demostra que no seu seo formaranse nove doctores moitos dos cales ocupan actualmente postos docentes en diversas universidades nacionais e extranxeiras: cuatro son profesores titulares de universidad nas universidades da Coruña, Sevilla e Carlos III de Madrid; un assistant professor na State University of New York at Stony Brooke (USA); un profesor colaborador na UDC; e un profesor axudante na UDC. Actualmente, sete integrantes do GTEC están sendo financiados a través de becas e contratos para que realicen a súa tese de doutoramento.

O GTEC mantén importantes líneas de colaboración con reputados grupos de investigación internacionais. Todos os seus membros PDI realizaron estancias en importantes Departamentos de Universidades americanas e europeas. Recentemente, os profesores Wolfgang Utschick (Technische Universität München, Alemania) e Javier García-Frías (University of Delaware, USA) realizaron sendas estancias como profesores visitantes en réxime de ano sabático financiadas polo Ministerio de Educación e Ciencia. Así mesmo, o GTEC participa actualmente nunha acción integrada cos profesores Michael Joham e Wolfgang Utschick da Technische Universität München (Alemania) e Markus Rupp da Vienna University of Technology para o intercambio de estudiantes e profesores.

En canto á organización de actividades de I+D, o GTEC destaca pola organización do Eighth IEEE Sensor Array and Multichannel Signal Processing Workshop (SAM 2014) e o XVIII Simposium Nacional de la Unión Científica Internacional de Radio (URSI 2003). Ademáis, organizou sesións especiais en International Conference on Hybrid Artificial Intelligence Systems (HAIS 2013),  International Workshop on Artificial Neural Networks (IWANN) e Workshop on Multimedia Data Coding and Transmission (WMDCT) (CEDI 2010). 

Coordinador: Luis Castedo Ribas (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.gtec.des.udc.es)