• Red TEIC
  • Red TEIC
  • Red TEIC

Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI)

Grupo GTI

Grupo adscrito ao Departamento de Enxeñería Telemática da  Universidade de Vigo (Campus de Vigo).

Este equipo ten os seguintes obxectivos fundamentais: investigación na área de enxeñaría telemática, realización de desenvolvementos precompetitivos para transferencia tecnolóxica ás empresas e formación avanzada en tecnoloxías da información. O grupo traballa en redes e aplicacións avanzadas, con intensificacións como redes de distribución multimedia, redes sen fíos de próxima xeración, redes intelixentes e análise de datos.

Francisco Javier González Castaño, codirector do grupo, foi director técnico de Gradiant ata 2014, posto que agora ocupa o profesor do grupo Felipe Gil Castiñeira. Así mesmo, foi visiting assistant profesor no Computer Sciences Department da Universidade de Wisconsin-Madison. José María Pousada Carballo, membro senior do grupo, é director do Centro Universitario da Defensa, en Marín. Cristina López Bravo é a responsable de calidade da ETSI de Telecomunicación da Universidade de Vigo. 

O grupo recibiu financiamento a través duns cen proxectos nacionais en convocatorias competitivas: Xunta de Galicia, Ministerio de Educación e Ciencia, Ministerio de Industria e Ministerio de Fomento. Participouse en numerosos proxectos europeos: entre eles, IST del V, VI y VII PM, a acción COST 272, un e-TEN o UBI challenge de Oulu Smart City e unha contratación directa de Nokia Labs. Nas convocatorias de 2006 e 2007, o grupo obtivo dous proxectos CENIT sobre tecnoloxías móbiles: Telmax e mIO!

O modelo habitual de colaboración coa empresa é o desenvolvemento precompetitivo. Ata a data realizáronse da orde de cen proxectos relevantes. A continuación destácanse os proxectos máis importantes completados dende o ano 2011:

  • Proxecto SecVOID (TSI-020100-2010-144), financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
  • Proxecto Desenvolvemento de software específico para a Xestión de Innovación e Implementación de Ferramentas de I+D+i en Tempo Real (TSI-020500-2010-206), financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
  • Proxecto uService2 (TSI-020400-2011-23), financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
  • Proxecto Dispositivos de Internet de Usuario (TSI-020100-2010-449), financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
  • Proxecto RAUDOS2 (TSI-020302-2010-67), financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
  • Proxecto Sistema electrónico de telecomunicacións aeroembarcable baseado en Radio por Software para xeolocalización de terminais móbiles - SBTS (IPT-430000-2010-004). Este proxecto foi co-financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
  • Proxecto VIMAIN (IPT-2011-1224-430000). Este proxecto foi co-financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e o Fondo de Desenvolvemento Rexional FEDER.


O grupo traballa en sistemas intelixentes de información, con dúas intensificacións: redes (con e sen fíos) e software (cloud analytics e, en menor medida, sistemas multiaxente). O reparto de investigadores entre ambas, excluíndo ao director, é o seguinte:

  • Redes: tres profesores titulares, un contratado FPU, un contratado FPI, dous investigadores contratados doutores, seis investigadores contratados titulados.
  • Software: dous profesores titulares, dous profesores contratados doutores, unha contratada FPU, unha investigadora contratada doutora, cinco investigadores contratados titulados.

Verticalmente, a intensificación de redes divídese en dúas liñas: comunicacións 5G e redes definidas por software. A cada unha delas pertence unha investigadora contratada doutora, con plena liberdade creativa e dous investigadores contratados á súa disposición.  O terceiro investigador contratado doutor, situado na liña de cloud analytics dentro da intensificación de software, tamén goza desta sub-estrutura. Trátase de persoas captadas en centros externos, dous deles de centros internacionais de prestixio (ENST Bretagne y Universidad de Oulu), que aportan novas experiencias e puntos de vista orixinais.

Coordinador: Francisco Javier González Castaño (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | enigma.det.uvigo.es/webgti)