• Red TEIC
  • Red TEIC
  • Red TEIC

Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI)

Grupo GTI

Grupo adscrito ao Departamento de Enxeñería Telemática (Campus de Vigo).

GTI ten os seguintes obxectivos fundamentais: investigación na área de enxeñaría telemática, realización de desenvolvementos precompetitivos para transferencia tecnolóxica ás empresas e formación avanzada en TIC. O grupo traballa en redes e aplicacións avanzadas, con intensificacións como redes de distribución multimedia, redes sen fíos de próxima xeración, redes intelixentes e análise de datos.

Coordinador: Francisco Javier González Castaño

(Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | enigma.det.uvigo.es/webgti)

 

Seguir lendo

Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC)

Grupo GPSC

Grupo adscrito ao Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (Campus de Vigo).

A investigación do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) da Universidade de Vigo centra a súa investigación nas aplicacións de técnicas de procesamento de sinal en sistemas de comunicacións (con ou sen fíos), así como á seguridade e análise forense da información multimedia. O grupo ten unha dilatada experiencia na colaboración con empresas de telecomunicacións e multimedia, con numerosas patentes transferidas á industria, e participou en proxectos europeos dos catro últimos programas Marco (incluído H2020).

Coordinador: Fernando Pérez González

(Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | webs.uvigo.es/gpscuvigo)

 

Seguir lendo

Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC)

Grupo GTEC

Grupo adscrito ao Departamento de Electrónica e Sistemas  (Campus de Elviña, A Coruña)

O Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) desenvolve a súa actividade docente e investigadora nos ámbitos de comunicacións dixitais, procesamento de sinal, teoría da información, redes de sensores e desenvolvemento de equipos terminais de comunicacións. En particular, o GTEC pon especial énfase en tecnoloxías, aplicacións e servizos de transmisión de datos a través de medios sen fíos.

Coordinador: Luis Castedo Ribas

(Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.gtec.des.udc.es)

 

Seguir lendo

Grupo Integrado de Enxeñería (GII)

 

Grupo GII

Grupo Adscrito ao Centro de Investigacións Tecnolóxicas (Campus de Ferrol).

É un grupo interdisciplinario de investigación aplicada en enxeñería orientado á transferencia de coñecemento e á xeración de novos produtos no entorno industrial. Entre as súas liñas de traballo caben destacar as seguintes: sistemas avanzados de medida e sensorización; procesado de sinais e imaxes; intelixencia computacional e sistemas distribuídos; robótica e automatización; enxeñería naval e oceánica; dinámica de fluídos; e organización industrial e transporte.

Coordinador: Richard Duro Fernández

(Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | www.gii.udc.es)

 

Seguir lendo