• Red TEIC
  • Red TEIC
  • Red TEIC

Red(e)TEIC

A Rede Temática en Tecnoloxías Emerxentes da Información e das Comunicacións (Red(e)TEIC) é unha agrupación multidisciplinar que involucra a grupos de dúas universidades do SUG:

Red(e)TEIC ten a virtude de reunir nun único equipo a un importante número de investigadores (actualmente, 92, dos cales, 47 son persoal docente e investigador da universidade con categoría de doutor) expertos en procesado do sinal, teoría da información e redes de comunicacións.

Os catro grupos de investigación destacan por ter unha ampla traxectoria investigadora e de formación.  Unha boa proba diso é que os catro grupos solicitantes recibiron da Xunta de Galicia o selo de grupo de referencia competitiva en diversas edicións do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

Tamén destacan polas súas actividades de colaboración tecnolóxica con empresas do sector TIC como o proba o gran número de convenios e contratos con empresas do noso ámbito e a creación de empresas de base tecnolóxica. Por outro lado, pódese constatar a continuidade no tempo da súa notable produción científica observando a evolución de indicadores tales como número de publicacións de alto impacto en revistas e congresos internacionais.

As  liñas de actuación da rede temática céntranse nos seguintes temas:

  • Redes sen fíos de última xeración: redes cooperativas, redes intelixentes, redes heteroxéneas, redes de sensores, comunicacións 5G, radio cognitiva...
  • Sistemas encaixados avanzados e enerxéticamente eficientes.
  • Sistemas multimedia avanzados, con especial énfase na autenticación de sinais multimedia, análise forense e codificación altamente eficiente.
  • Espazos intelixentes e computación contextual baseada, principalmente, en redes de sensores.

Red(e)TEIC está subvencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.